7—8 NOV. 2025
SANTIAGO. CDC
O FEED é un evento bienal que organiza a Asociación Galega de Deseño, para achegarse á actualidade das disciplinas do deseño e das persoas que traballan nelas, transladando o interese aos sectores formativo, profesional, empresarial e social.
Queremos que o FEED continúe a ser lugar de encontro para as persoas que formamos o ecosistema do deseño, con relatorios e propostas para coñecer traxetorias, experiencias e a forma de traballar de compañeiros e compañeiras de profesión, e que sirva de inspiración, cuestionamento ou reafirmación do noso camiño.
Esta 8º edición non sería posible sen o apoio directo de AGADIC e a colaboración de empresas e entidades locais.
Este ano a DAG abre un espazo de diálogo e encontro para que empresas de diferentes sectores e profesionais do deseño intercambien coñecemento e experiencias, para fortalecer a conexión entre o sector produtivo e o sector do deseño. Breves exposicións introdutorias darán paso ao diálogo e o intercambio de opinións entre as persoas asistentes.
A DAG conta co apoio do IGAPE para levar a cabo esta actividade.
Pola súa banda, o estudantado de deseño e as asociadas DAG poderán desfrutar do OFF FEED. Amais da presentación de proxectos de alumnado das escolas, que vén sendo habitual, neste foro o venres pola mañá presentaranse iniciativas moi interesantes que amplían os nosos coñecementos sobre licenzas tipográficas e os seus usos, sistemas de comunicación accesibles e lexibles, arquivos dixitais de deseño ou a integración de perspectiva de xénero nos proxectos profesionais.
Tamén haberá espazo para o debate e a reflexión, desta volta sobre os retos chegados coa Intelixencia Artificial.
Presentación de iniciativas que amplían os nosos coñecementos sobre deseño
—Font Licensing Mess
Investigación de María Ramos e Ana Moliz sobre os usos de fontes tipográficas e as súas licenzas. Presenta: María Ramos
—Accesibilidade cognitiva e comunicación
Os sistemas de comunicación alternativa e aumentativa para a inclusión das persoas con diversidade cognitiva. Presentan: Aitana García (Federación Autismo de Galicia) e Raquel Boo.
—Avances no Arquivo do Deseño Galego
O grupo de traballo presentará os avances na terceira fase do proxecto AR\DE e a segunda temporada do Rexistro Sonoro do Deseño Galego, posibles grazas ao apoio da Deputación da Coruña. Presentan: Óscar Otero e Pablo Silva
—reXerenando: un xogo para dar voltas ao deseño
Artefacto para introducir os principios clave de perspectiva de xénero no traballo profesional. Presentan: Uqui Permui e Paula Cantero, do grupo GEN (READ)
Espazo de diálogo e encontro entre empresas e profesionais do deseño
Sesión de networking entre profesionais de deseño e representantes empresariais cun reto: o intercambio de coñecemento para fortalecer a conexión entre o sector produtivo e o sector do deseño.
Esta iniciativa conta co apoio do IGAPE.
Reflexións sobre o papel do deseño e a tecnoloxía nas aspiracións inherentes ao ser humano; un tránsito por camiños entre a materialización das necesidades e as esixencias do mercado.
Unha charla para quen está a comezar no mundo do deseño. Non pretende ser un manual nin un portafolios, senón un conxunto de recomendacións pouco lóxicas —pero moi reais— que fun descubrindo en 28 anos de profesión. Un convite a confiar na intuición, aceptar o erro e entender que o camiño creativo nunca é en liña recta.
Chus Rojo (ilustradora e membro de AGPI), Alberto Quian (USC), Stef Silva (Invisible) e Carlos El Rojo (deseñador e socio de DAG)
Achegamento ao pensamento de futuros. Perspectivas críticas do futuro desde a práctica do deseño
Perspectivas críticas do futuro dende a práctica do deseño. Un taller para iniciarse nas prácticas desta disciplina. Non é preciso equipo informático, inclúe os materiais para o seu desenvolvemento. 20 prazas, na Fundación DIDAC.
A visualización de datos vive unha época de plenitude e esplendor. A irrupción dos dispositivos e aferramentas dixitais permitiron romper una tradición de séculos tanto en forma como en contexto. Da man de Dataviz Cowboy faremos unha exploración destas rupturas a través de novas propostas dedeseño, ao tempo que se abre a reflexión sobre a vixencia desta plenitude.
Logo de 30 anos nesta profesión, miro atrás e vexo ao fin o común denominador: a xente. O meu traballo foi, e sigue sendo, construír unha plataforma na que amosar o extraordinaria que é a xente do común. Este proceso tomou todas as formas posibles que conviven nesta profesión: campañas, identidades, libros, espazos, espectáculos, produtos... Pero ao final sempre é a xente o que atrae a miña atención e sóbese ao podio. Esa é a viaxe que quero compartir convosco nesta presentación.Logo de 30 anos nesta profesión, miro atrás e vexo ao fin o común denominador: a xente. O meu traballo foi, e sigue sendo, construír unha plataforma na que amosar o extraordinaria que é a xente do común. Este proceso tomou todas as formas posibles que conviven nesta profesión: campañas, identidades, libros, espazos, espectáculos, produtos... Pero ao final sempre é a xente o que atrae a miña atención e sóbese ao podio. Esa é a viaxe que quero compartir convosco nesta presentación.
A través do meu traballo como deseñador, curador e educador, considero o deseño como unha ferramenta cultural capaz de xerar un discurso crítico e transformar contextos. No relatorio abordarei temas como a historia do deseño, a relación entre produción e obxecto e como construír plataformas que conecten práctica e investigación.
A LUGA Poster Biennale, promovida por ESMAD/P.PORTO e ID+, nace para celebrar o cartel como unha linguaxe viva de arte e comunicación. Entre Portugal e Galicia, o proxecto convértese nun espazo de encontro internacional onde deseñadores e artistas comparten visións, exploran novas estéticas e experimentan camiños creativos. Máis que mostrar carteis, LUGA quere provocar o diálogo, inspirar comunidades e afirmar este soporte como territorio de innovación cultural.
O FEED 2025 ten como sede principal o Edificio CINC da cidade da Cultura de Galicia. Alí realizaranse todas as actividades programadas, agás o taller profesional dirixido por Stef Silva que terá lugar na Fundación DIDAC.
Saída directa tanto dirección Coruña como Pontevedra.
Pola Rúa Cruceiro do Sar ou Avda. Manuel Fraga Iribarne
Venres: 8:30 9:50 11:00 12:10 13:20 14:30 15:40 16:50 18:00 19:10 20:20 21:30 22:30
Sábado: De 8:30 a 13:30 (cada 60 min.).
Venres: 8:00 9:15 10:25 11:35 12:45 13:55 15:05 16:15 17:25 18:35 19:45 20:55 22:00
Sábado: De 9:00 a 13:00 (cada 60 min.).
Rúa Pérez Constanti 12, baixo
A 3 min da Praza de Galicia
A 10 minutos da Estación Intermodal