Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
7 de maio 2015

11 e 12 xuño de 2015: III Encontro Nacional de Asociacións de Deseño

Desde finais do ano pasado a DAG, Asociación Galega de Deseñadores, forma parte da Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) constituída en 2011 para a coordinación e integración da comunidade nacional de deseñadores, xunto ás asociacións de Andalucía, Valencia, Asturias, Cuenca, Estremadura, Madrid, Murcia, Soria e Euskadi. Trátase de unir forzas para conseguir o obxectivo común de difundir a cultura do deseño, promover e facer máis visible a nosa actividade, fortalecendo así a nosa profesión.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os encontros nacionais de asociacións de deseño son eventos convocados anualmente pola READ. A primeira edición tivo lugar en 2013 e supuxo o recoñecemento colectivo das asociacións e dos profesionais do deseño español que compartimos unha visión crítica sobre a situación do deseño en España. Na edición de 2014 démonos cita 70 representantes de asociacións e expertos (do ámbitos público e privado) e iniciamos traballos colaborativos en varias mesas ao redor de temas significativos para o deseño e os deseñadores. Neste 2ENAD estiveron representadas 15 das 17 comunidades do estado español, coa participación activa de 19 asociacións.

A diferenza das edicións anteriores, que tiveron lugar na Central de Deseño (Matadero, Madrid) coa di_mad como anfitrioa, o Terceiro Encontro Nacional de Asociacións de Deseño terá lugar na cidade de Málaga e en dous espazos de acollida, A Térmica e a Zona Portuaria, sendo a AAD (Asociación Andaluza de Deseñadores), que detén a presidencia da READ desde marzo pasado, a asociación organizadora.

Se tivésemos que describilo nun tuit, poderiamos dicir que #ENAD se caracterizará pola apertura a docentes, empresas e institucións. Os avances das mesas cocreativas anteriores constitúen o punto de partida deste novo encontro en Málaga para o que se propón traballar nestes sete proxectos:

  1. Bases para as políticas de deseño en España
  2. Primeiro Encontro de Centros Docentes e Asociacións Profesionais do Deseño
  3. Creación do arquivo documental “Memorias do deseño español” no Museo Nacional de Artes Decorativas (MNAD)
  4. Mapa do deseño
  5. Obradoiro Deseño-Empresa. Experiencia Proxecto READ-Telefónica I+D
  6. Novos modelos de organización e asociación de deseñadores
  7. From Spain with Design

Ademais de convidar os deseñadores das distintas asociacións españolas a participar, READ pretende incorporar a cada proxecto significativos axentes do mundo académico, do empresariado e das institucións públicas, propiciando a creación de fluxos de traballo ao redor das diferentes estratexias do deseño.

Máis información, moi pronto en www.designread.es/3enad

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.