Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
24 de xuño 2018

1º Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia

Con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial, a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (GAIN) organiza o próximo 28 de xuño de 2018 o I Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial no CIS Galicia de Ferrol.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Trátase dunha das actividades enmarcada dentro do novo Plan de Deseño para a Innovación 2020 que se dirixe a todos os deseñadores galegos de todos os ámbitos (industrial, gráfico, de produto, organizacional, dixital e multimedia), estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións.

O programa inclúe palestras, espazos expositivos e tamén reunións bilaterais entre deseñadores e empresas, e a inscrición é gratuíta.

Programa do encontro
Formulario de inscrición
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.