Novas

3 Premios Pentawards para o deseñador Roberto Núñez

O traballo de rebr​anding realizado para as adegas Ramón do Casar foi galardonado con 3 Premios na categoría de bebidas. En concreto, 2 Pentawards de bronce e unha nominació​n​ para o viño Varietal.

O novo posicionamento da marca, a renovación da súa identidade e o novo empaquetado desenvolvido polo estudio do noso socio Roberto Núñez conseguiu transmitir nunha presentación singular a historia de reinvención e superación persoal que hai detrás. Os inicios da prestixiosa adega remóntanse ao ano 195​5 cando Ramón, emigrante galego, viaxa a Venezuela para loitar por un futuro mellor. ​Baixo o lema «Desde 1955 partiendo de cero», Ramón do Casar fala dun percorrido vital e dunha filosofía de traballo de reinvención constante.​ A busca incesante da excelencia enolóxica permitiu á adega de Prado de Miño posicionarse entre as máis premiadas do panorama internacional. ​

Esta edición dos Premios Pentawards de Deseño recibiron proxectos de 65 países diferentes. O xurado escolleu os mellores das diversas categorías tendo en conta ​criterios como a excelencia estratéxica, a calidade do deseño, a expresión da marca, o nivel de creatividade e innovación ou a capacidade de conectar emocionalmente coas persoas consumidoras. ​

No próximo ano, todos os proxectos premiados formarán parte do libro The Package Design Book, editado por Taschen, unha publicación internacional de referencia no branding e no deseño de packaging.