7 traballos de socios da DAG premiados na edición deste ano dos Anuaria
Efectivamente, entre premios e seleccións anuaria, foron 7 os traballos de deseñadores da DAG que conseguiron un premio Anuaria ou máis de un. Este é o caso de Guillotina Estudio e de Dardo, premiados ambos con tres galardóns.

O Almacén de Guillotina Estudio, Anuaria de Ouro na categoría de mellor programa de identidade corporativa
O proxecto O Almacén de Guillotina Estudio foi galardoado co Anuaria de Ouro na categoría de mellor programa de identidade corporativa, e o estudio coruñés aínda conseguiu unha Selección Anuaria máis na mesma categoría por Astrovisit Teide. O terceiro premio foi unha Selección Anuaria na categoría de mellor packaging polo traballo desenvolvido para Adegas Tollodouro.

O Almacén de Guillotina Estudio, Anuaria de Ouro na categoría de mellor programa de identidade corporativa

Astrovisit Teide de Guillotina Estudio, Selección Anuaria na categoría de mellor programa de identidade corporativa

Adegas Tollodouro de Guillotina Estudio, Selección Anuaria na categoría de mellor packaging
Pola súa parte, Dardo conseguiu tres Seleccións Anuaria: unha na categoría de mellor cuberta dun libro, por Hakon Bleken. El camino entre la abstracción y la figuración; outra, na de mellor traballo de autopromoción; e unha máis na de mellor programa de identidade corporativa por La Monda.

Hakon Bleken. El camino entre la abstracción y la figuración de Dardo, Selección Anuaria na categoría de mellor cuberta dun libro

Dardo, Selección Anuaria na categoría de mellor traballo de autopromoción

La Monda de Dardo, Selección Anuaria na categoría de mellor programa de identidade corporativa
Finalmente, Era Comunicación obtivo unha Selección Anuaria polo seu cartel para o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, categoría na que repite premio porque o ano pasado xa fora seleccionado polo seu cartel para a festa do mar de Combarro.

Cartel do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra de Era Comunicación, Selección Anuaria na categoría de mellor cartel