Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
11 de setembro 2020

Aberto o prazo de inscricións para o 8º Encontro Nacional de Deseño

Os días 17 e 18 de setembro o deseño ten unha cita en Murcia. Este ano o encontro será accesible a un maior número de persoas, xa que as actividades e as charlas do encontro serán principalmente online. A inscrición é gratuíta e xa se pode reservar praza para asistir.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O oitavo ENAD está organizado por DIP Murcia e READ. O Encontro busca, dende a súa orixe, servir de espazo común para a análise. Un espazo de compromiso e traballo, mostrando a conexión do deseño con distintos eidos socio-económicos. Nesta ocasión, co lema «Deseñar antes de comer», a co-protagonista do programa será a gastronomía.

A innovación e a creatividade culinaria converteron ao noso territorio en referencia de vangarda a nivel internacional. A cociña nacional celebra hoxe os produtos locais e presume de territorio e cultura. As persoas artífices deste cambio son emprendedoras capaces de lanzar liñas de produtos, de crear alianzas con centros de investigación e formar a novas xeracións.

A comunidade asociativa do deseño, profesionais do deseño, empresarias e empresarios, docentes, responsables de políticas públicas e persoas interesadas, atoparán no 8º ENAD un espazo de encontro. Todas as actividades serán retransmitidas en directo, agás as mesas de traballo que compartirán, posteriomente, a documentación creada.

Como actividades paralelas, aqueles que estean en Murcia, poderán ademáis asistir á proxección do documental, sobre Cruz Novillo, «El hombre que diseño España», e visitar a exposición «_¿estudias o diseñas?_» da Premio Nacional de Deseño Marisa Gallén.

Cales son os procesos que permiter aplicar a innovación ás propostas culinarias?, cales son as disciplinas creativas coas que traballan dende o sector?, que aprendizaxe podemos extraer do seu crecemento? Estas e outras preguntas buscan resposta no 8º Encontro Nacional de Deseño.

Inscricións
Web do 8ENAD
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.