8º concurso internacional de cartelismo publicitario Francisco Mantecón
Bodegas Terras Gaudas organiza a oitava edición do seu Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade convocante durante ese ano"
As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2009. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro
Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serán:
10.000 (DIEZ MIL) Euros para o Primeiro Premio
2.000 (DOuS MIL) Euros para cada un dos dous accésit.
A bodega resérvase o dereito de conceder unha Mención Especial.
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado, destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.
