Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
25 de abril 2012

A conferencia de Ekinocio sobre coworking pechará o ciclo do Cultu Kata 2012

Con motivo da celebración da súa patroa Santa Catarina de Siena, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación organiza cada ano o Cultu Kata, un ciclo de actividades que este ano contará coa presenza de dúas das nosas socias, Raquel Boo e Irene García (Ekinocio Comunicación).

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Con motivo da celebración da súa patroa Santa Catarina de Siena, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación organiza cada ano o Cultu Kata, un ciclo de actividades que este ano contará coa presenza de dúas das nosas socias, Raquel Boo e Irene García (Ekinocio Comunicación). Raquel e Irene, que son ex-alumnas do centro, serán as encargadas de pechar mañá o ciclo conferencias cunha charla sobre coworking na que compartirán cos asistentes as súas experiencias neste ámbito:xa sexa no estudio, que comparten con outros dous profesionais Víctor Souto e Pablo Dávila, ou na rúa, posto que se achan detrás de iniciativas coma o CafeDturno, unhas xuntanzas informais de persoas creativas que comparten inquedanzas e que, como se pode ver na imaxe, se reúnen en Compostela o terceiro xoves de cada mes para falar, intercambiar coñecementos, organizar pequenas actividades, etc. Ademais destas experiencias, tamén comentarán e proporcionarán información e datos sobre outras iniciativas semellantes xeradas en Galicia e que están funcionando con éxito arestora. A charla que terá lugar ás 12.00 h da mañá no salón de graos da Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación estará aberta ao público en xeral ata completar a capacidade da sala. Lugar:Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Campus A Xunqueira s/n 36005 Pontevedra

Día: xoves, 26 de abril ás 12.00 h

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.