Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10 de xullo 2013

A DAG asiste ao primeiro encontro READ

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A Asociación Galega de Deseñadores foi unha das asociacións participantes no primeiro encontro organizado pola Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) ecoordinado pola Asociación de Deseñadores de Madrid (DIMAD) que tivo lugar o pasado 27 e 28 de xuño na Central de Deseño de Matadero Madrid. A cita contou coa presenza activa de 15 asociacións representantes de distintas disciplinas do deseño e de diversas comunidades autónomas, polo que se tratou do encontro con maior representación de asociacións de deseño ata a data. O encontro xiraba nesta ocasión ao redor de tres grandes bloques temáticos: 1. Políticas de deseño. Estado das políticas nacionais de deseño / Sistema nacional do Deseño, actores / Promoción internacional do deseño español / Revisión das distintas políticas autonómicas, posta en común e exemplos 2. A profesión de deseñador. Visibilizar e dar valor á profesión na sociedade / Visión da profesión: service Design, business design, deseño e innovación, etc. / Sinerxía con empresas e empresarios / Deseño e economía / Formación do deseñador, reciclaxe, habilidades e competencias 3. Representatividade nacional do sector do deseño. Estratexias de representación do sector do Deseño / Falta de canles de comunicación coa Administración. E ao seu remate elaborouse un documento de conclusións no que as asociacións participantes declaran a súa intención de traballar a partir de agora de xeito colaborativo e no que instan ás administracións públicas a que asuman as súas responsabilidades en materia de deseño. O documento de conclusións íntegro pode descargarse no seguinte enlace:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.