A DAG estará en Co-Creation
A DAG participa este martes 16 de novembro en Co-Creation, un encontro organizado por Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e por Addict (Agência para o Desenvolvimento das Indústrias Criativas de Portugal).
Nesta xornada, que se enmarca dentro do programa europeo CREATIVA, participan representantes da produción gráfica, do audiovisual, a música e as artes escénicas co obxectivo de favorecer o coñecemento e o intercambio de experiencias e contactos empresariais entre o sur de Galicia e o norte de Portugal. Durante a sesión da mañá terán lugar varias mesas redondas con representantes dos distintos sectores implicados a ambos os lados da fronteira. Xa pola tarde, as firmas galegas e portuguesas acreditadas disporán de tempo e espazo para establecer contactos directos con outras empresas e participar en xuntanzas de curta duración, para o que contarán co apoio da organización.
Máis información en Creativacultural
