A DAG na asemblea da READ
A DAG participa esta fin de semana na asemblea xeral da Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) da que fai parte.
En representación, acode Uqui Permui, quen na actualidade ocupa a secretaría da Xunta Directiva da READ. O resto da Xunta está constituída por Juan Aguilar da AAD, na presidencia, Vicente Gallega da ADCV e Teresa Jular da DIP, nas vicepresidencias, e Jesús Ángel Alonso da DIS na tesouraría. As outras asociacións participan como vogais. O sistema de organización da READ é rotatorio, segundo a orde de entrada das asociacións que a constitúen, unhas dez en total.
A asemblea desenvolverase ao longo deste venres 15 de abril na Central de Deseño, sede da Dimad en Madrid.
