Novas

A DAG no Culturgal

A Asociación Galega de Deseñadores acode este ano á Feira das Industrias Culturais para promocionar o feet, o foro de edición e tipografía 2010, que arranca este xoves, día 2, na Casa das Campás en Pontevedra.

A DAG quere aproveitar tamén a magnífica plataforma do Culturgal para achegarse ao gran público e para dar a coñecer o labor desta asociación que agrupa a deseñadores gráficos e industriais de toda Galicia.

A Asociación Galega de Deseñadores é unha asoaciación sen ánimo de lucro que se fundou en 2006 e que desde entón traballa para alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Impulsar o deseño galego e defender os intereses dos deseñadores galegos.
  • Dar a coñecer e implicar os deseñadores no tecido empresarial do país.
  • Reivindicar que o deseño ten un valo de seu, e que as empresas e as institucións públicas que coidan este aspecto están a engadir valor á súa actividade.
  • Crear canles de comunicación entre os profesionais e tamén entre estes e os futuros profesionais, os estudantes das escolas de deseño, co fin de favorecer o diálogo e a reflexión sobre aquelas cuestións que máis lles preocupan e interesan a todos.