Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
27 de abril 2023

A DAG organiza o 2º Encontro do deseño galego na Casa-Museo Rosalía de Castro

Despois de varios intentos, por fin podemos «encontrarnos» e retomar este proxecto iniciado en Rianxo en 2015 con intención de compartir entre nós a experiencia da profesión. Será o sábado 27 de maio, na Casa-Museo Rosalía​ en Padrón.​​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os encontros buscan o intercambio de ideas e a reflexión sobre a profesión nun ambiente cercano, distendido, amigable e​ aberto á comunidade de profesionais. Despois da primeira e magnífica experiencia en Rianxo, o Museo Casa Rosalía de Castro serve de sede para coñecer ademais dúas intervencións realizadas no espazo: a rehabilitación interna do auditorio onde desenvolveremos a xornada, feita polo estudio de arquitectura Gil Pita-Nieto Peñamaría, e a renovación museográfic​a realizada polo socio Pepe Barro.

Durante a xornada teremos oportunidade de coñecer un pouco mellor o proxecto AR\DE con María Ramos, Óscar Otero e o estudio Desoños​, falaremos dos pasos seguintes para a creación dese arquivo do deseño galego, debateremos sobre as relacións profesionais e a creación de redes para xerar comunidade, e gozaremos dunha presentación de proxectos con Luis Gil e Cristina Nieto, Iago Barreiro e Alberto Carballido do estudio Novagarda, Paula Cantero de Origami, Ana Besada de Slab e Fernando Ponte de Abisal. Remataremos a xornada cunha visita guiada ao museo da man de Pepe Barro.

Para que o encontro poida levarse a cabo contamos coa colaboración da Casa-Museo Rosalía de Castro, de Axeitos, e dos compañeiros e compañeiras de DAG que participarán na xornada. A imaxe gráfica é da socia María Agra.​

A asistencia é de balde e está ​aberta a profesionais, estudantes e persoas interesadas no deseño, mais hai que inscribirse previamente aquí antes do 23 de maio.

Contamos con todos e todas vós para poñer en común ideas, opinións, experiencias e coñecementos.

Web do Encontro
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.