Novas

A DAG participa na asemblea anual da READ

A asemblea terá lugar o próximo 16 de febreiro na Central de Deseño en Matadero (Madrid) e nela abordaranse asuntos como o desenvolvemento do proxectos en curso, a folla de ruta para o 2017-2018 ou a presentación código deontolóxico para a práctica do deseño en que está a traballar un grupo de profesionais do deseño desde o último 4ENAD (Encontro Nacional de Asociacións de Deseñado) organizado por READ.

O resto de temas da asemblea poden consultarse na orde do día que reproducimos a seguir:

10.00 h Recepción

10.30 h Inicio:

  • Aprobación da acta da asemblea 2016
  • Memoria de actividades de 2016
  • Resumo das contas de 2016

12.00 h Desenvolvemento e xestión de proxectos en curso. Intervirán o coordinador xeral e os responsábeis dos proxectos:

  • Transferencias 2016 / FSWD / Memorias do Diseño / Plataformas
  • 5ENAD
  • Comunicación

14.00 h Comida

15.00 h Renovación de cargos e plan de traballo para 2017-2018:

  • Presentación da folla de ruta 2017/18
  • Presentación do código deontolóxico
  • Modelo de financiamento

Outros temas de interese para as asociacións.