Novas

A DAG participa no XXV Encontro para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega

O vindeiro 17 de outubro, a DAG estará presente nunha mesa redonda dentro do XXV Encontro para a Normalización Lingü​ística que organiza o Consello da Cultura Galega. O noso presidente Xóse García será quen nos represente​​​ como entidade na xornada de mañá. ​

Este ano no que o Consello da Cultura Galega celebra o seu 40 aniversario como entidade, celebra tamén 25 anos destes encontros que naceron como un foro dedicado á información e á reflexión sobre a situación da lingua galeg​a, un lugar de intercambio de experiencias e presentacións de proxectos, de elaboración e lanzamento de propostas de futuro.​

O Encontro tamén quere ser un espazo aberto á pluralidade e á construción colectiva. Deste xeito, este ano pon o foco no ámbito socioecónomico e as intervencións que se verán na xornada son presentacións de experiencias e iniciativas normalizadoras deseñadas por profesionais e entidades do ámbito público e privado. Haberá espazo tamén​ ​para o diálogo con empresas que pola súa actividade e a súa relación de servizo con outras se converten en amplificadoras do uso da lingua. E falarase dos dereitos das persoas usuarias e comsumidoras, do seu cumprimento, cunha mirada propositiva de mellora da presenza da lingua galega no tecido comercial e empresarial.

A xornada está dividida en dúas sesións, de mañá e de tarde, e terá lugar na sede d​o Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi). A inscrición é gratuíta ata completar o aforo. ​​