A DAG participará no segundo encontro nacional de asociacións de deseño
A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, participará o próximo 12 e 13 de xuño de 2014 no segundo encontro nacional de asociacións de deseño na Central de Deseño Matadero en Madrid.
O encontro está organizado pola READ e coordinado por unha das súas asociacións membro, co fin de procurar un espazo común onde establecer e reforzar alianzas entre os representantes. Os temas que se abordarán neste segundo encontro extraéronse do encontro celebrado o ano pasado e estruturanse nas seguintes mesas de traballo: Mesa 1: Relación das asociacións de profesionais co ensino Mesa 2: Relación dos deseñadores coas empresas Mesa 3: Proxecto from Spain with Design Mesa 4: Mapa do deseño Mesa 5: Comunicación do Deseño Mesa 6: Relación coas administracións
Cada unha das asociacións inscritas propuxo actividades ou accións concretas encamiñadas a mellorar os temas e contidos que se tratarán en cada unha das mesas.
