Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
13 de xullo 2016

A DAG renova a súa Xunta Directiva

O pasado 8 de xullo a asemblea xeral da DAG renovou a súa Xunta Directiva que queda configurada do seguinte xeito:

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Presidente: Óscar Otero

Vicepresidente: Manuel del Río

Tesoureira: María Agra

Secretario: Segundo Fdez

Vogal: Suso Vázquez

Vogal: Marcos Dopico

Vogal: Irene García

O novo equipo vai estar á fronte da DAG durante os próximos dous anos e forman parte del moitas das persoas do equipo anterior, con algunhas modificacións en forma de altas e baixas. Abandonan a Directiva Raquel Boo, Cibrán Rico, Noelia Fernández e Rebeca Ces que, por mor de novos compromisos profesionais e/ou familiares, non teñen xa a dispoñibilidade que lles gustaría para seguir co seu labor. A todos eles, a DAG agradécelles o traballo realizado e o seu compromiso coa asociación. A nova alta é a de Irene García.

A Xunta Directiva cre que a existencia da DAG é chave para o porvir do deseño en Galicia, tanto para mellorar as condicións dos profesionais que o exercen día a día como para alcanzar unha mellor consideración do deseño na sociedade e no tecido empresarial, e, en liñas xerais, pretende continuar coas liñas de traballo xa abertas:

  • Consolidar eventos en diferentes formatos (Feed, Encontro de deseñadoras e deseñadores galegos, charlas, foros) e idear outros novos que contribúan á visibilización e ao debate ao redor do deseño.
  • Unir esforzos con outras asociacións para así aumentarmos a nosa capacidade de influencia en distintos ámbitos de decisión: no nivel europeo, estando no BEDA grazas á intermediación da READ; no nivel estatal, dentro da xa mencionada READ; e aquí en Galicia, desde o Clúster da Comunicación Gráfica.
  • Reformular as canles de comunicación e organización internas da DAG para fomentar a participación dos seus socios.
  • Reforzar e mellorar as relacións coas escolas de deseño de Galicia.
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.