Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
16 de marzo 2011

A editorial DARDO presenta unha nova revista dedicada á arquitectura e o deseño: Dardo magazine_architecture + design

Esta nova publicación de DARDO comparte cabeceira coa súa xa coñecida revista de arte contemporánea, Dardo magazine, que a partir de agora se desdobra en dúas: Dardo magazine_contemporary art e Dardo magazine_architecture+design, con temáticas diferentes.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

David Bravo e Paulo Reis, os directores de DARDO, queren deste xeito abrir a revista a novas disciplinas e colaboradores e, aínda que a arte contemporánea continuará sendo o eixo central en ambas as publicacións, esta centrarase en explorar as relacións entre arte, arquitectura e deseño. Neste primeiro número de Dardo magazine_ architecture + design cómpre destacar as entrevistas con arquitectos coma Andrés Jaque, deseñadores coma Fernando Brízio ou Tejo Remy e artistas coma Olafur Eliasson, a propósito da súa colaboración co arquitecto Henning Larsen para un novo centro de concertos e conferencias en Reiquiavik. Tamén se inclúen reportaxes de artistas que traballan a medio camiño entre a arquitectura e o deseño, coma os alemáns Winter & Hörbelt ou Moholy-Nagy, así como unha serie de exposicións e noticias sobre a actualidade da arquitectura, o deseño gráfico e industrial, a arte e a publicidade. A entrevista central sitúase na casa do artista Julião Sarmento, co autor da mesma, o arquitecto Carrilho da Graça e outros personaxes próximos á traxectoria do artista coma o deseñador Miguel Rios, a escritora Clara Ferreira Alves ou a galerista portuguesa Cristina Guerra. As portadas de Dardo magazine_architecture+design foron realizadas especificamente para DARDO por Julião Sarmento coa colaboración da actriz Sasha Grey, nova diva de Steven Soderbergh e protagonista da súa última película The gilfriend experience e coñecida actriz porno. Da portada, realizada en Malibú (EUA) fíxose unha edición especial de 90 exemplares, numerada e asinada por DARDO. Igual que sucedía coa revista orixinal, Dardo magazine_architecture + design terá versión en español, portugués e inglés.

Máis información en Dardonews

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.