A Fundación Luís Seoane acolle a exposición Traballar con signos do deseñador Alberto Corazón
Inaugurouse en novembro, pero aínda estades a tempo de visitala porque permanecerá aberta ata o 23 de febreiro de 2014 na Fundación Luís Seoane da Coruña.
Trátase da exposición Trabajar con signos. Alberto Corazón 1963-2013. A mostra reúne carteis, publicacións, maquetas e esbozos orixinais realizados por Alberto Corazón nos últimos cincuenta anos e organizados en sete grandes bloques para ofrecer unha visión global do universo creativo do deseñador, tanto na súa vertente artística como nos campos do deseño gráfico e industrial: Arte e deseño, Compromiso e ética, O papel do deseño na Transición, A renovación da imaxe, A modernización da empresa, O deseño e a Academia e O deseño e a arte.
Fundación Luís Seoane San Francisco 27 15001 A Coruña
Horario de apertura ao público
Martes a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00. Domingos de 11.00 a 14.00. Luns pechado
