Novas

A fundación Santa María de Albarracín organiza o III curso internacional de ilustración e deseño gráfico

Durante catro días, os profesores invitados, que como en edicións anteriores serán grandes nomes do panorama internacional, xunto cos directores do Curso presentarán en relatorios maxistrais, talleres e exposicións de obra propia, a súa bagaxe profesional, a reflexión teórica que o sustenta e as estratexias para levar a cabo novas creacións.

Os talleres, centrarán o seu traballo completamente práctico no tema elixido para este ano; "la risa, el llanto y todo lo demás" converteranse no eixo central de estudo de cada profesor cos seus alumnos, cuxos resultados se valorarán e presentarán en conxunto o último día.

Do 24 ao 27 de Xuño.

Co-Dirección: D. Isidro Ferrer, Ilustrador e Deseñador Gráfico, e D. Carlos Grassa Touro, Escritor e Profesor.

FUNDACIÓN SANTA MARÍA DE ALBARRACÍN: web

INSCRICIÓN: web