Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
26 de abril 2011

A gran cita co deseño galego

Só quedan dez días para que se presente Acción DAG, o último proxecto da Asociación Galega de Deseñadores e que ben se podería cualificar como o evento do deseño galego do ano.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Esta iniciativa que ten como finalidade visibilizar os traballos dos deseñadores gráficos e industriais do país, botou a andar a finais de xaneiro cando se lanzou a convocatoria para que os estudios enviasen unha mostra dos mellores traballos nas distintas categorías: deseño gráfico, web, de produto... e o vindeiro 6 de maio, ás 18.00 h, é o día elixido para presentar publicamente o proxecto. Máis de 30 estudios daranse cita no CGAC para demostrar a boa saúde do deseño galego, un sector que nos últimos anos soubo poñerlle ao mal tempo boa cara e facer unha aposta clara pola calidade e a creativade, e da que agora se poden ver os resultados. Ese día terá lugar tamén a presentación da web Acción DAG, unha plataforma na rede para mostrarlle ao mundo os traballos dos profesionais galegos e desde a que reinvidicar o nivel do deseño made in Galicia. A investigadora Emanuela Saladini do Departamento de Historia da Arte da USC e profesora do Máster en arte, museoloxía e crítica contemporáneas será a encargada de presentar unha escolma que reúne os mellores traballos dos profesionais galegos dos últimos dous ou tres anos. A continuación, celebrarase unha mesa de debate que leva por título Radiografía do deseño galego, e na que participarán Pepe Barro (Grupo Revisión), Óscar Otero (A navalla suíza), Uqui Permui (Uqui-Cebra), José Ramón Méndez, director da EUDI, Suso Vázquez (Desescribir), Manuel del Río (Cenlitrosmetrocadrado) e Marcos Dopico, deseñador gráfico e profesor de Deseño na Facultade de Belas Artes da UVigo. Tanto os relatorios como unha recompilación dos mellores traballos da web quedarán plasmados nunha publicación que verá a luz nos próximos meses. Aínda que Acción DAG é un proxecto da Asociación Galega de Deseñadores, está patrocinado pola Axencia Galega das Industriais Culturais (Agadic) e colabora tamén o Centro Galego de Arte Contemporánea. Máis información en: Acción DAG Entrada libre Día: venres, 6 de maio Hora: 18.00 h Lugar: Auditorio do CGAC

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.