Novas

A ILLA, máis que un obradoiro de serigrafía e colaxe

Que pasa cando unes serigrafía e colaxe?

E que pasa se o fas nunha illa?

Isto é o que nos propoñen desde o espazo La Platanera, na illa de Arousa.

A ILLA

É un encontro entre a colaxe e a serigrafía.

Para experimentarmos a combinación destas dúas técnicas.

Un obradoiro onde mancharmos as mans con cola e tinta, onde as ferramentas de traballo seremos nós mesmos e a nosa imaxinación.

Información básica

Lugar: Espazo La Platanera. Illa de Arousa

Docentes: La Platanera, Sr. García e Atijerascorazon

Día: 28 de maio

Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 h

Prezo: 70 € (desconto de 10% a socios da DAG)

Máis información e inscricións en info@laplatanera.com