Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
noticias socios/socias
13 de novembro 2024

A IX Edición dos premios Paraugas xa teñen finalistas

Xa se coñecen os proxectos finalistas dos IX Premios Paraugas onde temos que destacar a nominación ​dos socios Ana Besada e León López na categoría de Deseño de Produto.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O Cluster da Comunicación, organizador dos Premios Paraugas, acaba de publicar a listaxe de proxectos finalistas en cada unha das categorías. Estes premios son un recoñecemento público ás empresas, institucións, organizacións e profesionais que destacan polo seu bo facer no ámbito da creatividade, do deseño, da impresión, do márketing, da comunicación e dos eventos en Galicia.​

A gala de entrega celebrarase en Ferrol o próximo 22 de novembro, concretamente no Teatro Jofre. Alí estarán os nosos socios, Ana Besada e León López, con opcións de alzarse co Premio ao Mellor Deseño de Produto​​​. Os dous proxectos que presentaron respectivamente son: a mecedora Carlei, que actualiza e alixera un elemento tan sinxelo como unha mecedora, xoga coa luz ambiental e permite versatilidade no uso dos tecidos; e as mesas Trillizas, un conxunto de mesas auxiliares que funcionan de forma independente e xuntas convértense nun obxecto curioso con aspecto orgánico. ​​

Ademais dos premios nas diferentes categorías, o Cluster establece tres premios especiais: Premio Paraugas de Ouro, Premio Paraugas Novos Talentos e Premio Especial do Público para o que hai que facer unha votaci​ón previa.​

Web dos Premios
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.