A land without people for a people without land
Uma terra sem gente para gente sem terra é unha exposición de carteis gráficos interactivos sobre o conflito entre Israel e Palestina. Xera un discurso visual ao redor das tensións sociais da vida cotiá nesta rexión onde se encontran tres continentes, e propón unha nova abordaxe sobre o conflito. O discurso é crítico, mais tamén irónico e, dunha forma informal, expón a situación actual, e convida as persoas a colorear os mapas e deseños ao longo da exposición.
O libro Uma terra sem gente para gente sem terra – Um livro de colorir sobre a Palestina contén versións actualizadas das imaxes e textos incluídos na exposición, xunto con novo material producido especificamente para esta publicación. Aparecen descritas as diferentes fases da súa produción e documentación, e tamén o contexto político e de deseño explicado por medio de textos dos propios autores. Ademais, amosa a resposta de colaboradores de diferentes contextos profesionais e culturais que foron convidados a responder ao formato e ao contido da exposición desde as súas propias perspectivas.

