Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
5 de agosto 2016

A Rede Española de Asociacións de Deseño convoca o 4ENAD

Con cada nova edición, o Encontro Nacional de Asociacións de Deseño que organiza a Rede Española de Asociacións de Deseño (READ) consolídase como un espazo común de análise e presentación de propostas por parte de todos actores relacionados co exercicio do deseño.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O encontro deste ano desenvolverase en Málaga o 22 e o 23 de setembro e terá como primeiro obxectivo a presentación dos proxectos finalizados e daqueles que están en curso, produto do labor da READ e das mesas de traballo dos ENAD de anos anteriores, para continuar traballando nas liñas definidas e configurar novos equipos de traballo colaborativo.

O segundo obxectivo será a posta en funcionamento do novo espazo común de coñecemento e debate: Ágora. Este será o lugar en que exporen temas non formulados aínda e que as asociacións de deseño consideren importante tratar: asuntos para debater, experiencias con valores destacábeis para compartiren, etc.

Nesta edición, a DAG forma parte da organización, coordina a mesa de traballo sobre boas prácticas e código deontolóxico da profesión e participa na mesa Transferencias.

Toda a información sobre o encontro e as inscricións na páxina do evento:

4ENAD
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.