Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
30 de marzo 2011

A sección de infografía que dirixe Álvaro Valiño en Público, premiada con sete Malofiej

Un dos socios da DAG, Álvaro Valiño, acaba de regresar de Pamplona do 19 Cumio mundial de Infografía Malofiej que como cada ano por estas datas se celebra na cidade e onde o pasado 25 de marzo tivo lugar a entrega de premios á mellor Infografía do ano.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Público, o diario no que Álvaro dirixe a sección de infografía quedou terceiro na categoría impresa só por detrás do The New York Times, con once premios, e do National Geographic, con dez, o que supón todo un éxito para un diario novo e pequeno coma o seu. Entre os seus traballos premiados pola Society for New Desing (SNDE-e), prestixiosa organización internacional que vela pola calidade do deseño xornalístico encóntranse Los abuelos de Alonso, merecente do Malofeij de ouro; El pulso informativo del año e Cuadernos de viajes, galardoados co Malofiej de prata e Radiografía de la posesión en el clásico, Juegos Olímpicos de invierno, Tramas y procesos e Los siete países implicados en el Plan Cóndor, gañadores na categoría de bronce.

Flickr do departamento de infografía de Público

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.