Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
13 de outubro 2011

A vida dos museos

Moita vida é a que se agocha entre as paredes dos museos e para comprobalo só fai falta botarlle unha ollada á oferta formativa, tanto do Marco coma do Macuf, para este outono.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Unha ampla programación de entre a que queremos destacar hoxe dous obradoiros que comezan o 19 de outubro nos dous museos. A proposta do Marco de Vigo leva por título: Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea, e está concibida para que ao longo de 23 sesións e da man de Ana Pereira, os participantes fagan un percorrido polos principais movementos e figuras da historia da arquitectura dos séculos XIX, XX e XXI, pero sen perder nunca de vista o xeito en que os cambios nas distintas ordes sociais (demográfica, técnica, ideolóxica...) foron repercutindo nos modos construtivos. No Macuf será Jorge Couceiro o encargado de guiar a todas as persoas interesadas nunha viaxe desde o impresionismo ata os nosos días pola arte do século XX. Con este obradoiro preténdese aproximar o público non especializado aos cambios máis significativos experimentados na arte durante o século pasado e dar a coñecer tanto os artistas coma os movementos que os protagonizaron. Con este obxectivo, ademais das explicacións xerais, proxectaranse imaxes das obras máis relevantes de cada autor e comentaranse as principais características de cada unha. A arte, aínda que só a producida nas últimas catro décadas será tamén a protagonista do obradoiro impartido por Juan de Nieves no Marco entre o 27 de outubro e o 10 de maio. Neste caso ademais, a abordaxe do fenómeno artístico será lixeiramente distinta porque a análise das prácticas artísticas máis relevantes do período farase en relación coa nova orde sobre a que estas se acomodan ou contra a que se revolven: os profundos cambios da institución (o museo e as novas estruturas temporais de validación), o rol do espectador e a influencia crecente dos novos axentes artísticos (cuxo máximo expoñente é a figura do comisario), ou a esfera pública como espazo de liberación.

Consulta toda a información sobre as actividades nos enlaces:

Unha aproximación á historia da arquitectura contemporánea

Viaxe a través da arte do século XX

Produción artística e cultural desde 1968 ata os nosos días

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.