A vixencia das formas. Unha ollada ao pasado, un pé no futuro
Este xoves 15 de maio celébrase ás 19.30 h na galería Sargadelos da Coruña a mesa redonda A vixencia das formas. Unha ollada ao pasado, un pé no futuro.
No evento participarán Manuel del Río, deseñador fundador de Cenlitrosmetrocadrado, Andrés Gallardo e María Casal do estudio ANDRESGALLARDO, Luis Gil, arquitecto membro de UNDO REDO, Fernando Agrasar, arquitecto director da ETS de arquitectura e da revista Dardo, Anxo López, deseñador, xestor de recursos en Designit e creador de Miudo.es.
Lugar: Galería Sargadelos da Coruña
Rúa Real 53, 15003 A Coruña
