Novas

A WOODY Collection de RoKdesign formará parte da exposición VINÇON Barcelona

O proxecto WOODY Collection do noso socio Antón García (RoKdesign) acaba de ser seleccionado para a VINÇON Barcelona, unha exposición colectiva que reúne varias propostas de accesorios de cociña e que se inaugura este xoves día 15 ás 18.30 h.

WOODY Collection é un proxecto en fase conceptual en busca de empresas interesadas en comercializalo que está conformado por unha familia de soportes para cápsulas de café:

  • “3 en raya” concibido como un obxecto interactivo que ademais de cumprir a súa función permite que os usuarios se entreteñan mentres toman o café.
  • “Gon” que representa un hexágono erosionado e que se pode colocar de maneira horizontal sobre unha mesa ou ben en vertical colgado da parede.

A base de ambos os soportes é a madeira maciza e combínase segundo o modelo con pezas metálicas e de silicona. Este contraste entre o industrial dos perfís de aceiro ou silicona e as formas amables da madeira dotan de carácter as pezas.

Dossier sobre a WOODY Collection:

http://issuu.com/rokdesign/docs/rokdesign_en_vin__on_woody_collecti/0

{"title":"ROKdesign en VINÇON - WOODY Collection","description":"Dossier de prensa de ROKdesign en relación con la presentación de su proyecto WOODY Collection en la Sala Vinçon, Barcelona con motivo del certamen Coming Soon","url":"http://issuu.com/rokdesign/docs/rokdesign_en_vin__on_woody_collecti","type":"embed","image":"http://image.issuu.com/150113091752-7ff3daa2f47c884f65d45b15a5911888/jpg/page_1_thumb_medium.jpg","code":"
","ratio":null,"author_name":"rokdesign","author_url":"http://issuu.com/rokdesign","provider_name":"Issuu","provider_url":"http://issuu.com","provider_icon":"http://issuu.com/favicon.ico"}