Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
19 de xaneiro 2024

Aberta a convocatoria dos Premios ADG Laus 2024

A 54ª edición dos premios ADG Laus de deseño gráfico e comunicación visual xa está en marcha. Estudantes e profesionais do sector poderán inscribir os seus mellores traballos nas diferentes categorías,​ ​e as asociadas a DAG contan cun 15% de desconto.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Os proxectos deben inscribirse a través da plataforma online ata o 14 de febreiro e deberán ser enviados antes do 1 de marzo. Poden ser traballos impresos, publicados, emitidos ou editados desde xaneiro de 2023 e ata o peche das inscricións.​

Este ano desaparecen as divisións clásicas e os proxectos poderán inscribirse​ en 40 apartados especializados en dirección de arte, deseño editorial, comunicación gráfica e publicitaria, gráfica de contorna, embalaxe, deseño dixital e comunicación audiovisual e a distinción Aporta ao impacto social.​ Ademais, aparecen os apartados de redeseño de identidade visual, o de tipografía corporativa e o de gráfica para exposicións.

Os e as estudantes de escolas de deseño poden presentar proxectos aos ADG Laus Estudantes, nos apartados de traballo libre, proxecto final e mestrados e posgraos. ​

O xurado desta edición ​está formado por profesionais nacionais e internacionais de prestixio, entre eles, Nieves Berenguer (Hermanos Berenguer), Fraser Muggeridge (Fraser Muggeridge studio), Nick Ace (socio e director creativo en COLLINS), Beatriz Suárez (Maba), Borja Garmendia (Pensando en blanco), Gustav Nordebrink (ID—C), Paco Badia (VML) ou Ana Delgado (unadebravas).

Inscricións e máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.