Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
24 de xuño 2024

Aberta a convocatoria para participar na BID 2024

Ata o 16 de xullo está aberta a convocatoria para que deseñadores e deseñadoras participen coas súas pezas na Bienal Iberoamericana de Diseño, BID 2024, organizada por Dimad. Os socios e socias de DAG teñen un desconto especial.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A BID é unha cita imprescindible de carácter internacional que aglutina e vertebra ​todas as áreas de interese do deseño, conectando países, empresas, profesionais, estudantes, centros de estudos, provedores… para crear redes e encontros de valor para todas as persoas participantes. A cita comeza o 8 de outubro de 2024, mais estende as s​úas actividades durante casi dous anos. A semana inaugural será d​o 8 ol 13 de outubro. Este ano a exposición traballa baixo o lema «Deseño expandido» e céntrase en​​ explorar como o deseño está en constante evolución e se enriquece mediante a súa interacción con outras disciplinas, incorporando os avances e os retos que ofrecen as novas tecnoloxías.

Como parte de Read, os socios e as socias de DAG teñen un 10% de desconto na inscrición de cada proxecto que queiran presentar para a exposición BID24. As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria aquí mesmo ou a través da propia páxina web da Bienal.​​ A participación ofrece o acceso ao Selo BID, marca de calidade e estándar de excelencia que conleva unha serie de oportunidades de visibilidade. Animámosvos a aproveitar o momento e participar.

A BID desenvólvese cada dous anos na Central de Diseño de Matadero Madri​d​ e é a cita máis importante do deseño contempoáneo iberoamericano. Esta iniciativa permite ao público achegarse á disciplina do deseño e a súa contorna, ademais de ser un punto de encontro e reflexión sobre a profesión e un espazo idóneo para establecer relacións entre profesionais, con empresas do sector e o ámbito académico. Ano tras ano consolídase como un foro para xerar ideas e compartirlas.

Web da BID24
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.