Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
25 de maio 2009

Ábrese a convocatoria para o PKN de Pontevedra

Xa é posible inscribirse para participar na noite PECHA KUCHA de Pontevedra, un encontro informal de creativos no que cada participante dispón de 20 segundos e 20 imaxes para expor o seu proxecto ante o público.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O vindeiro día 10 de xullo terá lugar en Pontevedra o primeiro evento Pecha Kucha Night de Galicia, formando parte do proxecto "Acción DAG". Un orixinal formato expositivo para o traballo dos novos creativos, un encontro informal e alternativo que xa está presente en máis de 190 cidades de todo o mundo. Cada participante dispón de 20 segundos por 20 imaxes para expoñer en público o seu proxecto, facendo un total de 6 minutos e 40 segundos –cun obrigado “break” para repoñer a cervexa-. Deste xeito lógranse presentacións concisas e dinámicas, mantendo o interese en todo momento e permitindo a participación de moita xente.

Se es deseñador, arquitecta, tipógrafo, ilustradora, fotógrafo, publicista, bailarín, artista, cineasta, cociñeiro ou pertences a calquera outra disciplina e tes un proxecto creativo de interese; envía un mínimo de 5 imaxes e unha descrición do teu traballo a pechakucha@martinovillaverde.comTes de prazo ata o luns 15 de xuño.

Toda a información sobre a convocatoria atoparédela en http://www.pecha-kucha.org/cities/pontevedra

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.