Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
18 de decembro 2015

Ábrese a convocatoria para participar na 46 edición dos Premios Laus

A Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte do FAD (ADG-FAD) abriu esta semana a convocatoria para se inscribir na 46ª edición dos Premios Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual. A ela poden presentarse todos os traballos impresos, publicados, emitidos, visionados online ou editados durante o ano 2015 nas seguintes categorías: Deseño Gráfico, Dixital, Publicidade, Audiovisuais e Estudantes.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Alén das categorías anteriores, os premios recoñecen a través do Laus Aporta-Fundació Banc Sabadell, instaurado hai tres anos, aqueles proxectos que, a través da comunicación visual, conseguiran ter un impacto social ou económico positivo.

Como principal novidade, este ano os Laus incorporan dous novos premios o Laus Empresas e Entidades, que será outorgado polos membros da Xunta Directiva de ADG-FAD, e o Young Talent, co que o xurado de estudantes premiará o mellor dos traballos da súa categoría.

Segundo a ADG-FAD, esta edición é especial porque ten como obxectivo establecer conexións alén das fronteiras e internacionalizar a repercusión dos premios, axudando a dar máis visibilidade e presenza internacional ao deseño gráfico español. Destacan que no deseño do cartel da campaña que leva por título Laus& participaron recoñecidos profesionais internacionais como Milton Glaser, Derek Birdsall, Bob Gill, Christoph Niemann, Alan Kitching, Paula Scher, Simon Esterson, Julia Hasting, Tony Brook, Joost Grootens, Bruno Monguzzi ou Marion Deuchars, entre moitos outros.

Inscricións en: http://laus.cat/2016/

Todos os socios da DAG teñen un 15% de desconto na súa inscrición

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.