Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
actividades dag
11 de maio 2009

Ábrese o prazo de inscrición para participar en DIÁLOGOS

A DAG, Asociación Galega de Deseñadores, selecciona traballos de deseñadores para a súa exposición de marcas, logotipos e identidades Diálogos.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

1 xullo - 31 agosto: Sala de exposicións; Pazo da Cultura de Pontevedra.

Estás a tempo de participar na exposición de marcas/ logotipos / identidade gráfica: selecciona un, máximo dous, traballos e envíanolos a: info@asociaciondag.org

A exposición das marcas e identidades realizaránse en vinilo –gris– a marca, nun formato grande, acompañado das imaxes de aplicacións en cor.Polo que tedes que enviar a marca vectorizada, un eps en formato A4 en negro, e varias imaxes de aplicacións –máximo seis–(papelería, rótulos, vehículos, bolsas…) formato 21 x 21 cm 300ppp en cor, en formato jpg, eps ou pdf

O PRAZO MÁXIMO DE RECEPCIÓN É O 7 DE XUÑO (non se admitirá material despois do dia 7 ás 24h) agradécese que se envíen antes de rematar ese prazo.

Compre tamén incluír unha breve ficha para cada traballo(nome, apelidos do deseñador, ano de realización, cliente e obxectivos) e sería interesante, no caso que desexedes acompañar este material dos bocetos e ideas previas ao deseño definitivo da marca.

Os logotipos e aplicacións para a exposición serán seleccionados pola directiva de DAG nunha xunta extraordinaria, que terá lugar entre o día 8 e 11 de xuño.

Baixo o título de ACCIÓN-DAG, reuniránse os traballos realizados pola DAG neste ano: A exposición "En torno da Baskerville", proxección do resultado do taller de tipografía "o ollo na rúa" e unha exposición sobre as mellores e máis recentes marcas galegas, ademais dun seminario, festa, etc.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.