Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
15 de xullo 2014

Acordo Telefónica I+D e READ. Integrando innovación tecnolóxica, creatividade, deseño e talento

Telefónica I+D, a empresa especializada en I+D+I do Grupo Telefónica, e a READ (Red Española de Asociaciones de Diseño á que pertence a DAG) asinaron un acordo marco de colaboración para cooperar en proxectos e iniciativas conxuntas e intercambiar coñecementos e investigación no campo do deseño, tanto dixital como de produtos e servizos.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O acordo constitúe un activo para o Sistema Nacional de Innovación e ten por obxectivo xerar sinerxías colaborativas que contribúan a impulsar o deseño dixital de produtos e servizos en España. Na sinatura, que tivo lugar no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid, participaron por parte de Telefónica I+D, Pamela Mead, directora do laboratorio de User Experience (UX) desta empresa, e por parte de READ o seu presidente, Gelo Álvarez. Con este acordo, Telefónica I+D e READ definen e impulsan un plan de actuación tomando o deseño como eixe principal para conectar talento e creatividade coa innovación tecnolóxica. Un acordo que pon o foco tamén na orientación ao negocio destes procesos colaborativos. Así, ambas as institucións se comprometen a fomentar a investigación e estudos sobre áreas de interese, entre outras: o deseño de aplicacións, End to End, RODI, Métricas e Smart Cities (cidades conectadas).

Máis información, na nota de prensa conxunta

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.