Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
10 de xaneiro 2019

ADG-FAD abre a convocatoria de inscricións para participar na 49ª edición dos premios ADG Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual

A Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte do FAD (ADG- FAD) dá inicio á 49ª edición dos premios ADG Laus para os profesionais do grafismo, a publicidade e a comunicación visual, que poderán inscribir os seus mellores traballos desde o 7 de xaneiro até o 10 de febreiro de 2019

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Este ano contarán cun xurado de recoñecidos profesionais nacionais e internacionais do sector como Sascha Lobe (Pentagram), Daan Lucas (Random Studio), Iria López (Wednesday), David McFarline (Commission), Monse Garcia (SeriesNemo), Biel Capllonch (Biel Capllonch), Laura Messeguer (Laura Messeguer), Mireia Ruiz (Cocolia) e Marta Cerdà (Marta Cerdà), entre outros.

Os premios ADG Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual outórganse co obxectivo de recoñecer a excelencia na comunicación gráfica. Son os premios de deseño gráfico de referencia e de maior prestixio do Estado español, a celebración do grafismo que se converteu nunha referencia esencial para coñecer as propostas creativas relevantes do ano. Os ADG Laus son un trampolín para os estudantes e deseñadores emerxentes, a consagración dos profesionais e o recoñecemento ás empresas e institucións que invisten en deseño. Os ADG Laus son tamén unha ferramenta de divulgación e participar é un exercicio de promoción para calquera deseñador gráfico ou director de arte. Todas estas razóns fan dos ADG Laus os premios que dan recoñecemento e visibilidade ao traballo dos grafistas.

A convocatoria dos ADG Laus ábrese para todos os traballos impresos, publicados, emitidos, visionados online ou editados durante o ano 2018 nas seguintes categorías: Deseño Gráfico, Dixital, Publicidade, Audiovisuais e Estudantes. Un ano máis, outorgarase o premio Laus Achega—Fundació Banc Sabadell, que pretende facer visíbel a contribución do deseño á sociedade con proxectos que, a través da comunicación visual, conseguiron ter un impacto social, económico ou cultural positivo. A Xunta Directiva de ADG-FAD concederá o premio Laus de Honra á traxectoria profesional e Laus Empresas e Entidades como recoñecemento a aquelas institucións que sobresaen pola súa longa, frutífera e inspiradora relación co deseño.

Carles Murillo, socio de ADG- FAD e deseñador gráfico cunha ampla traxectoria na dirección de arte, foi o encargado de desenvolver a campaña dos premios ADG Laus 2019. Para esta edición, Murillo decantouse por unha campaña cunha linguaxe próxima e un ton humorístico que rende homenaxe a Jean Laplace, o mítico debuxante das viñetas dos oito erros. Neste caso, o xogo que propón é o de comparar as diferenzas entre a vida dun creativo antes e despois de gañar un premio ADG Laus. A campaña poderase seguir a través das redes sociais de ADG e os medios colaboradores da campaña.

O Magabook ADG Laus 2019 será deseñado polos socios de ADG- FAD Rubio & del Amo e desvelarase na Nit ADG Laus, como recompilatorio de todos os gañadores desta edición dos premios. Incluirá tamén unha serie de entrevistas e artigos ao redor dos gañadores do Laus de Honra e o Laus Empresas e Entidades.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 10 de febreiro. Por ser a DAG unha asociación amiga da ADG-FAD, todos os seus socios teñen un 15% de desconto no prezo da inscrición.

Bases e inscricións nos LAUS 2019
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.