Amplíase o prazo de inscrición no Curso de creación de empresas de deseño
Ata o mércores, 8 de febreiro, estará aberto o prazo de inscrición no curso de creación de empresas de deseño impartido pola Escola de Organización Industrial (EOI).
Deste xeito, todas as persoas interesedas terán un pouco máis de tempo para presentar toda a documentación que se lles pide: solicitude de inscrición cos datos e asinada, 2 fotos, copia do DNI, copia do título académico especificado na solicitude inscrición, copia dun documento que acredite a situación laboral do candidato (IAE ou documento de pago á Seguridade Social como autónomo, tarxeta de demandante de emprego, certificado da empresa na que traballa...).
Dirixido a emprendedores de calquera sector de actividade que, tendo unha idea de empresa e a través da información e tutela recibida nos cursos sexan capaces de levar a cabo o seu proxecto de empresa. Os obxetivos que se plantexan son os de conseguir que os profesionais do sector deseño, saiban definir modelos de xestión empresarial que inclúan a xestión do deseño como un proceso estratéxico para achegar valor desde a conceptualización e desenvolvemento até a súa materialización, lanzamento e comercialización. Descarga a solicitude e envíaa xunto con toda a documentación a info@asociaciondag.org:
