Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI
Este venres 22 de xaneiro ás 20.00 h inaugúrase no Centro Torrente Ballester de Ferrol a exposición Arte, artesanía, deseño e sustentabilidade en Galicia no século XXI, comisariada por Mónica Maneiro.

Imaxe de Stéphane Lutier
Co fío condutor das prácticas sustentábeis, a mostra ofrece unha visión de parte da realidade no deseño galego prestando especial atención ao deseño industrial, o deseño editorial, o deseño de moda, a tipografía ou o deseño de produto.
Dentro desta escolma de deseñadores galegos, non podía ser doutro xeito, están socios da DAG como Uqui Permui ou os desescribir, na parte dedicada ao deseño editorial, ou os cenlitrosmetrocadrado, na de deseño industrial. Tamén a Isaac Sans, a tipografía empregada na gráfica da mostra é unha creación doutro socio noso: Marcos Dopico, quen se inspirou na tradición da letra galega para o seu traballo.
Con motivo da inauguración, ás 19.00 h terá lugar unha mesa redonda na que participarán diferentes axentes galegos especializados en deseño.
INAUGURACIÓN: 20.00 h
MESA REDONDA: 19.00 h
Centro Torrente Ballester de Ferrol
Rúa Concepción Arenal s/n, 15402 Ferrol
T. 981944187