As mellores xogadas de Acción DAG
Todos os que por algún motivo vos perdestes a presentación de Acción DAG e a posterior mesa de debate: Radiografía do deseño galego que o pasado 6 de maio se celebrou en Santiago de Compostela, tedes agora unha nova oportunidade grazas ás gravacións realizadas por algúns dos socios da DAG que estiveron presentes.
A montaxe é de Uqui Permui, e desde o sábado todo o material está dispoñible en YouTube: cinco vídeos cunha duración que oscila entre os 15 e os 5 minutos, e que recollen a introdución de Marcos Dopico, as posteriores intervencións de Pepe Barro e Manuel del Río, Uqui Permui e Óscar Otero, Suso Vázquez e José Ramón Méndez, e por último, a conclusión de Emanuela Saladini. Durante o desenvolvemento da mesa, tamén se puideron ver as imaxes dos traballos dos deseñadores que participan en Acción DAG, proxectadas nunha pantalla, razón pola cal a iluminación da sala é tan pobre ._.!
Todos os vídeos aquí.