Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
1 de xuño 2012

Así se presenta Alberto Rodríguez, o novo socio da DAG

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

O meu nome é Alberto Rodríguez Pérez, son fillo de emigrantes galegos e nacín no Uruguai. No ano 2000, a miña familia e mais eu decidimos realizar o noso maior emprendemento: facer case 10.000 Km atravesando o Atlántico para comezar unha nova vida en Galicia. Estudei debuxo publicitario, deseño de interior e deseño gráfico. No transcurso de case 25 anos, traballei en imprentas, fotomecánicas, axencias de publicidade, empresas de venda directa, xornais, nun taller de serigrafía, como pintor de letras, e por suposto, entre todas esas actividades, sempre fun freelance. En Galicia encontrei todo o que estaba buscando. Desde o ano 2001 traballo no Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela, como deseñador gráfico. Decidín asociarme á DAG porque me interesa pertencer a unha asociación que impulse e apoie o deseño de Galicia.

E para os que queirades saber un pouquiño máis sobre Alberto, aquí vos deixamos este enlace: http://es.flavors.me/albertorrp

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.