Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
1 de setembro 2010

Bibliografía. La Barcelona del diseño

Nun contexto histórico marcado polas profundas convulsións da transición política española e o auxe do discurso nacionalista de Cataluña, o deseño e a arquitectura proporcionaron a Barcelona os fundamentos da súa nova narrativa urbana: a dunha capital provinciana postindustrial e en decadencia milagrosamente transformada nunha sofisticada metrópole europea, na cidade do deseño. Conceptos como identidade local e modernidade materializaronse así en entornos urbanos e obxectos cotiás ó alcance de todos.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Trazando un percorrido históricamente riguroso, Viviana Narotzky destaca os principais histos na historia recente do deseño barcelonés, dende a súa emerxencia los anos 60, pasando pola euforica dos Xogos Olímpicos de 1992, ata algúns dos traballos máis recentes dos diseñadores de hoxe.

La Barcelona del diseño contempla tanto a práctica profesional como a producción, a venta minorista, a mediación institucional, o proceso de rexeneración urbana, o consumo popular e o uso do mesmo, desenvolvendo un detallado análise da evolución do deseño en Barcelona, o seu significado e valor.

Viviana Narotzky é doutora en Historia do Deseño polo Royal College or Art. ? Senior Research Fellow no Royal College of Art e profesora do Master de Historia do deseño xestionado conxuntamente polo Royal College of Art e o Victoria & Albert de Londres. ? membro do padroado da Fundació Historia del Disseny de Barcelona, e do comité editorial do Journal of Design History. ? autora de numerosas publicacións sobre deseño e cultura material contemporánea.

Narotzky, Viviana. La Barcelona del diseño. Barcelona: Santa&Cole, Colección Los ojos fértiles, 2007 ISBN:978-84-934626-4-2

http://www.santacole.com/en/catalogo/los-ojos-fertiles

http://bcndesign.narotzky.com/

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.