Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
15 de xaneiro 2024

Bisiona, as Xornadas de Arte e Deseño organizadas pola EASD Pablo Picasso

A 7ª edición das Xornadas de Arte e Deseño que organiza a EASD Pablo Picasso da Coruña, terá lugar na propia escola os días 24, 25 e 26 de xaneiro. Este ano contan coa presenza dos compañeiros de Novagarda.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe gráfica de Mariana Ramírez, alumna da EASD Pablo Picasso

As xornadas buscan achegar o alumnado á realidade profesional das diferentes especialidades formativas que se imparten na escola. Este ano ademais, a Aula de Saxofón do Conseratorio Superior de Música realizará unha serie de intervencións nos descansos entre as charlas.

Programa das VII Xornadas:

Mércores 24:

  • 09.30 h e 11.00 h: Martín Romero e Sandra Lodi: ilustradores que falarán dos procesos de creación a través de dúas charlas: «To bird or not to bird: Proceso de creación dunha curtametraxe de animación» e «O hurror».
  • 12.30 h: Andrea Fernández: restauradora que centrará a súa charla nas técnicas pictóricas e de dourado para a restauración dos bens culturais.
  • 16.00 h: Fran Remiseiro: escultor que falará das formas previas ao posmodernismo a través da charla «A spolia e o contemporáneo».
  • 18.00 h: Anxo García: marionetista que fará un percorrido polo mundo das marionetas, a tradición e o folclore.

Xoves 25:

  • 10.00 h: Martí Andinach: fotógrafo que falará sobre a técnica do colodion e impartirá un taller na xornada de tarde para o alumnado de fotografía.
  • 12.00 h: Novagarda: estudio de deseño gráfico formado por Iago Barreiro e Alberto Carballido, socios de DAG, que a través da charla «Mapa de contexto» falarán das liñas que definen o seu traballo e os ámbitos nos que se moven.
  • Entrega dos Premios EDLG.

Venres 26

  • 10.00 h: Juan Tejedor de Tejedor y Otero Arquitectos: estudio de arquitectura que presentará a charla «Arquitectura de interiores en espazos comerciais» xunto con dous ex-alumnos da escola que actualmente traballan con eles, Andrea Permuy e Óscar Freire.
  • 12.00 h: Manchea: imprenta de tipos móviles que impartirá tamén un taller o xoves pola tarde para o alumnado de deseño gráfico e de ilustración da escola.

As xornadas son abertas ao público ata completar o aforo do Salón de Actos da escola, sita en Rúa Pelamios 2 (A Coruña), mais terá preferencia de asistencia o alumnado da escola.

Máis información
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.