Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
17 de agosto 2011

Bolsas do Politécnico de Milán, POLI.design, para deseñadores industriais

O Consorcio do Politécnico de Milán, POLI.design, convoca 20 bolsas destinadas a deseñadores industriais para a realización de másteres en Italia.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A relación completa de másteres consta de:

1. Máster en enxeñaría de deseño industrial e innovación (5ª edición) O máster forma deseñadores expertos, capaces de xestionar o desenvolvemento dun novo produto desde a idea ata a produción, cunha atención particular a aqueles aspectos tecnolóxicos, produtivos e de custos. Data de inicio: novembro de 2011 Duración: 12 meses Idioma das clases: italiano n.º de bolsas: 5 bolsas, 4 do 25 % e 1 do 50% Enlace ao programa: http://www.polidesign.net/mdspi

2. Máster en deseño industrial para a arquitectura (2ª edición), en colaboración con Giugiaro Architettura A estrutura do máster pretende combinar a experiencia derivada de dous sectores de excelencia en Italia: o deseño e a produción de compoñentes para a industria da construción. Os estudantes adquirirán competencias específicas dentro do Deseño Industrial para a proxectación de produtos para a arquitectura que combinen a calidade estético-funcional coa eficacia produtiva, sexa en condicións industriais ou executivas. Todo dentro dunha óptica estudada para afrontar a evolución do sector e do mercado internacional. Data de inicio: febreiro de 2012 Duración: 12 meses Idioma das clases: inglés n.º de bolsas: 5 bolsas, 4 do 25 % e 1 do 50 % Enlace ao programa: http://www.polidesign.net/id4a

3. Máster en deseño de transporte e automóbil(4ª edición), en colaboración con Volkswagen Group O máster forma deseñadores para afrontar temas complexos de proxectación para o sistema de mobilidade, analizando os aspectos tecnolóxicos e produtivos, así como as variantes ambientais, ergonómicas e de marketing. Data de inicio: marzo de 2012 Duración: 12 meses Idioma das clases: italiano e inglés n.º de bolsas: 5 bolsas, 4 do 25 % e 1 do 50 % Enlace ao programa: http://www.polidesign.net/cardesign

4. Máster en deseño de iates (11ª edición), en colaboración coa Universidade de Estudos de Xénova O máster proporciona os instrumentos para xestionar un percorrido proxectual e construtivo dunha embarcación a vela e a motor. Inicio: marzo 2012 Duración: 12 meses Idioma das clases: italiano e inglés n.º de bolsas: 5 bolsas, 4 do 25 % e 1 do 50 % Enlace ao programa: http://www.polidesign.net/myd

As persoas interesadas deberán enviar o seu currículo antes do 20 de setembro a formazione@polidesign.net. A selección realizarase en función dos méritos dos candidatos.

Máis información no sitio www.polidesign.net/master ou chamando ao número +39 02 23995911.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.