Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
17 de novembro 2010

Braço de Ferro - arte & design

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Braço de Ferro Porto Libros

Girls are dreaming about enormous machines Isabel Carvalho

lebre um / O feio como reinvenção Pedro Nora

O “feo” descrito por Heller hai 17 anos tornouse belo, institucionalizado e apetecible en pouco tempo. Que é actualmente o novo “feo”? Ou, facendo a pregunta doutra xetio, de que modo a disciplina se pode reinventar.

A Economia do Artista Editado por: Isabel Carvalho, Lígia Paz, Pedro Nora Os textos reunidos en A economia do artista propoñen análises críticas das políticas culturais, das institucións e da propia estrutura de pensamento dos intervenientes culturais en cuxo centro se encontra o artista. A forma de cuestionar a precariedade que subsiste no medio artístico é aquí presentada por veces como unha acción individual, por outras como o resultado dunha concienciación colectiva de carácter asociativo. As vinte contribución presentadas toman a forma de ensaio, de entrevista, de reflexión, de episodio biográfico. Son propostas de reflexión que pretenden contribuír ao debate público, e coa vantaxe de que nos ofrecen unha análise diversificada e heteroxénea da complexidade das relacións entre a arte e a economía.

s/he is her/e_s/he is her/e_é un ensaio visual que acompaña a exposición homónima da artista Ana Jotta.

Ámanhã 1909–2009 Coa colaboración de ATLAS projectos, Dayana Lucas, Isabel Carvalho, João Alves Marrucho e Pedro Nora

Entre o 1 de xuño e o 15 de agosto de 1909 viron a luz 6 números do periódico anarquista Ámanhã. Na presentación do número inaugural, os seus autores definían a publicación como unha revista popular de orientación nacional, que rompía co pasado, sen respectar ídolos, deuses, dogmas. Ao longo da curta existencia do xornal abordáronse temas como a educación, o amor libre, o traballo, a pedagoxía libertaria o ateísmo ou a propiedade.

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.