Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
29 de setembro 2010

Buchstabenmuseum: O museo das letras de Berlín

No centro de Berlín, preto da famosa praza Alexanderplatz, atópase o Buchstabenmuseum (Museo das letras, carecteres e tipografías).

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Fundado no ano 2005 por Barbara Dechant e Anja Schulze, a súa colección está formada por unha infinidade de letras, rótulos tipográficos, letreiros da rúa e todas aquelas manifestacións tipográficas rescatadas das rúas de Berlín e arredores. A filosofía do museo basease no obxecto letra como semiótica textual e comunicación escrita, polo tanto, calqueira letra, artesanal ou industrial que realiza unha función de comunicación no entorno da vida do home é ben recibida nas súa salpe="text/javascript" src="http://www.asociaciondag.org/cms/libs/jlibs/htmlEditor/tiny_mce/themes/advanced/langs/es.js">as O museo funciona como centro de reciclaxe á vez que realiza labouras de recuperación da memoria histórica ante a homoxeneización da paisaxe gráfica das cidades que impon o fenómeno da globalización. A desterritorialización do deseño das grandes multinacionais está provocando a impersonalización da identidade gráfica de pequenas tendas que pouco a pouco está desparecendo.

Nestes momentos o museo está realizando unha labor de ampliación na súa reciclaxe de letras a outros países, así que se tes localizado un vello rótulo ou unha letra abandoada, quizais poda formar parte dun museo.

Buchstabenmuseum Berlin 2005-2010 Vereinsregister 25064 NZ Amtsgericht Charlottenburg Steuernummer 27/648/51071 www.buchstabenmuseum.de

Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.