Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
20 de abril 2012

Candura & Coraxe. Obradoiro de autoedición

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Con motivo da exposición Do it yourself! Os incunables contemporáneos dun impresor particular, a Cidade da Cultura pon en marcha do 7 ao 12 de maio Candura & Coraxe, un taller gráfico e de autoedición impartido polo artista Federico Guzmán. Con Seoane, Castelao e Chankecham como referentes, Federico Guzmán adoptará neste obradoiro un enfoque sobre o debuxo como pegada e rastro da vida. O primeiro día presentaralles aos participantes unha serie de casos artísticos, feitos poéticos e proxectos colaborativos sobre autoedición, e o segundo día será a quenda dos alumnos, aos que invitará a que incorporen, dalgún xeito, situacións, acontecementos e procesos do seu contexto local ou persoal co fin de crear unha obra gráfica colectiva inventada e plasmada entre todos. A inscrición é gratuíta e o único que tes que facer para participar é enviar os teus datos persoais (nome, apelidos, enderezo electrónico e mais teléfono de contacto) ao mail online@cidadedacultura.org, e tres palabras que sinteticen as razóns que te levan a querer tomar parte no obradoiro. Máis información en: Candura & Coraxe

Descarga o programa:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.