Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
24 de xaneiro 2018

Casos de éxito do deseño galego

Co obxectivo de pór en valor o deseño como factor de innovación, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través dos Centros de Centros de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira (CIS-Madeira) e do Deseño e a Tecnoloxía (CIS-Galicia) está a promover unha iniciativa para identificar casos de éxito do deseño en Galicia, co fin de visibilizar e promocionar o potencial galego neste ámbito.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

A iniciativa insírese dentro do proxecto europeo Design4innovation e pretende:

  • Identificar os dous mellores proxectos industrializados por empresas galegas e presentalos, con cobertura de gastos de aloxamento e desprazamento, na exposición de deseño europeo que terá lugar en abril 2018 na Valetta, capital europea da cultura 2018.
  • Editar unha publicación que recompile todos aqueles casos que reúnan as características solicitadas e que axude a difundir as mellores prácticas do deseño galego, demostrando que o deseño pode ser chave para conseguir obxectivos específicos da empresa, tan pragmáticos como alcanzar certas cuotas de mercado, abrir mercados novos, diversificar a oferta de produtos, conseguir que unha innovación tecnolóxica sexa asimilada facilmente polo usuario.

Todos os detalles sobre o proceso de inscrición e selección están contidos no seguinte documento:

Convocatoria dos casos de éxito do deseño galego
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.