Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
20 de novembro 2023

Cenlitros, Marcos Dopico e Desoños gañadores dos Premios Paraugas 2023

O pasado 17 de novembro celebrouse no Teatro Jofre de Ferrol a gala de entrega dos VIII Premios Paraugas onde Xabier Rilo e Ricardo Tubío xunto con Marcos Dopico recibiron o premio ao mellor deseño gráfico; e​ os compañeiros de Desoños, Noelia Estévez, Carlos Álvarez e Susana González, gañaron o premio ao mellor deseño dixital pola web AR\DE.​​

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Imaxe: Web Premios

A gala foi conducida polos xornalistas Luis Fraga e María Lamela e congregou a un gran número de profesionais e empresas ligadas á cadea de valor do sector da comunicación que engloba o Clúster da Comunicación: deseño, impresión, márketing, creatividade, comunicació​n​ e eventos. ​

De entre 300 inscricións e 55 finalistas, ​na categoría de deseño temos que felicitar aos socios Xabier Rilo, Marcos Dopico, Noelia Estévez, Carlos Álvarez e Susana González​ porque os seus traballos foron merecedores de premio. Por un lado, os Cenlitros coa imaxe corporativa deseñada para a empresa galega Mobalco, que desenvolveron coa implicación de Marcos Dopico no deseño da tipografía; e polo outro, Desoños, que presentaron o deseño web creado para AR\DE, un proxecto interno de DAG con moita proxección de futuro,​​ que nos fai especial ilusión. No apartado de deseño industrial ou de produto o premio foi para ​​Lavelle Fireroad de Pablo Iglesias.

Na entrega de galardóns tamén se deron dous premios honoríficos.​ Un para o publicista de renombre internacional Luis Bassat​ e outro para a xornalista Rosa Vila.

Este ano, ademais do resto de categorías, houbo dous premios especiais: o Premio Paraugas Novos Talentos foi para Elena Bengoa Fernández polo proxecto Retratados; e o Premio Paraugas de Ouro para Recados Carmen con Balidea e AtlanTTic da Universidade de Vigo polo proxecto Reto FaIAI.

O xurado dos premios estivo conformado por persoas especialistas en cada categoría. A organización contou con varios socios e socias de DAG para​ levar a cabo a selección nas categorías de impresión e deseño: Alberto Carballido de Novagarda, Conchi Mayo directora de Dardo e presidenta da Fundación Didac, Alberto Rodríguez deseñador en Fundación USC - Servizo de Edición e Impresión Dixital, e Carmen Bouza, deseñadora de produtos dixitais en Accenture Song.

Web dos Premios Paraugas
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.