Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
19 de setembro 2011

#charlasnaDAG

Se algo caracteriza os deseñadores é a paixón pola súa profesión e as ganas de seguir formándose e de aprender. Compartir experiencias de primeira man é un dos mellores xeitos de adquirir coñecementos e de enriquecerse. Con este ánimo, comeza na DAG o ciclo de charlas #Charlas na DAG. Aparcamos por unhas horas as redes sociais para volver ao mundo real.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Unha vez ao mes, un deseñador achegarase á sede da DAG na Trisca para, dun xeito directo, falar dos máis diversos temas: unha parte da historia do deseño que coñece ben, un proxecto no que gozou traballando, unha nova tendencia tipográfica ou un novo software de deseño poden ser unha boa escusa para que deseñadores, estudantes ou interesados na cultura do deseño actualicen os seus coñecementos. O ciclo de conferencias inaugúrase este mércores, 21 de setembro, cunha charla do deseñador web, Óscar Otero, de título A web dos deseñadores na que falará sobre a evolución da web nestes vinte anos de vida e repasará os principais cambios experimentados desde a súa aparición. Ficha da 1ª charla: Título: A web dos deseñadores Convidado: Óscar Otero, deseñador e socio en A navalla suíza Hora: 19.00 Día: mércores, 21 de setembro de 2011 Lugar: Centro sociocultural A Trisca Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela Máis información en: info@asociaciondag.org ou no teléfono691 230 421 As charlas serán sempre un mércores de cada mes ás 19.00 h. A entrada é libre e aínda que desde a web da DAG iremos informando puntualmente de todas as actividades, no programa en PDF xa podedes consultar a programación completa deica final de ano.

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.