Menu
  • Acerca da DAG
  • Novas
  • Proxectos
  • Socios e socias
  • Foro
    • GL
    • ES
28 de novembro 2011

#charlasnaDAG sobre retículas con Segundo Fdez

Este mércores, 30 de novembro, volven as #charlasnaDAG á Trisca.

Twitter icon Twitter Facebook icon Facebook

Desta volta, o deseñador que nos acompañará será Segundo Fdez, quen falará sobre retículas, un dos temas xunto a tipografía que máis lle interesan. Precisamente este interese é o que está detrás de proxectos persoais coma reticulas.com, por agora unha ferramenta desenvolvida baixo licenza Creative Commons que permite aplicar o concepto de retículas á construción de páxinas web mediante CSS. Na charla ademais de facer un percorrido pola evolución do denominado esqueleto do deseño, polas súas partes e polos distintos tipos de retículas en deseño gráfico e web, tamén dedicará un pouco de tempo a comentar a preferencia por este tipo de estruturas que amosan deseñadores e tipógrafos como Jose Müller-Brockmanan ou Jan Tschichold, e por estudios contemporáneos como Experimental Jetset ou La Mosca. Segundo Fdez fundou en 2006 Sond3, xunto con Natalia Crecente e Diego Vilariño, un estudio localizado en Lugo e que desenvolve a súa actividade no ámbito do deseño gráfico, principalmente gráfica aplicada, identidade, editorial, e web. Un medio este último no que recentemente foron premiados polo xurado da II Bienal Iberoamericana de Deseño polo seu traballo para Hachedevisual. Segundo tamén ten un blog, de nome Vidagrafica, centrado en temas de deseño, pero no que tamén se tocan cuestións relativas a outras áreas como ilustración, arquitectura, moda, fotografía, etc. Ficha da 3º charla Título: Retículas, o esqueleto do deseño Deseñador convidado: Segundo Fdez, deseñador e socio fundador de Sond3 desde o 2006 Hora: 19.00 Día: mércores, 30 de novembro de 2011 Lugar: Centro sociocultural A Trisca Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela Entrada libre ata completar a capacidade da sala

A charla tamén se poderá seguir en streaming en: http://www.ustream.tv/channel/charlas-na-dag

Máis información en: info@asociaciondag.org ou no teléfono 691 230 421

Descarga o programa completo de todas as #charlasnaDAG:

Descargar
Asociación Galega de Deseño

Centro sociocultural A Trisca (2º andar) Corredoira das Fraguas, 92 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 691 230 421 Mail: info@dag.gal

Síguenos tamén en:

  • Twitter icon
  • Facebook icon
  • Instagram icon
  • YouTube icon

É membro da

Foro DAG Aviso legal Colofón RSS

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, recordámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.